”O outro día, un estudante que se atopaba no autobús tomouse a molestia de explicarlle a un señor maior por qué lle é imposible á vella xeración comprender a súa, e dicíalle (en voz ben alta para que o escoitáramos todos): “Os xoves de hoxe crecimos con televisión, internet, viaxes ao espacio… As nosas sondas espaciais visitaron Marte… Temos coches eléctricos e de hidróxeno, ordenadores que procesan datos case á velocidade da luz… e moito máis.
Logo dun breve silencio, en que o señor non deixou de miralo, este señor maior respondeu o que segue:
“Tes razón, meu fillo, nós non tivemos esas cousas cando eramos xoves…Por iso as inventamos¡ “ Agora dime: “Que estades facendo vós para a próxima xeracion?.
martes, 14 de diciembre de 2010
viernes, 3 de diciembre de 2010
martes, 30 de noviembre de 2010
jueves, 4 de noviembre de 2010
E tí... que opinas?
Imaxínate que es pai ou nai (se o ves difícil pecha ben os ollos e espreme os teus miolos)... e tes un fillo ou unha filla que acaba os seus estudos... Que lle recomendarías facer da súa vida? Obviamente é unha decisión del pero como pai/nai queres darlle un consello do que pensas é mellor.
Elabora unha entrada no teu blog onde digas qué prefirirías: traballar por conta allea, ser funcionario ou traballar por conta propia?, dando dous argumentos a favor da túa opción elixida e outros dous argumentos en contra das opcións que rexeitaches (u argumento por opción).
Non valoro a opción que escollas, senón a calidade da expresión, a ortografía, a validez dos teus argumentos e a extensión.

miércoles, 27 de octubre de 2010
El circo de las mariposas 2ª parte
IMPOSIBLE é só unha palabra empregada por persoas fráxiles que encontran máis fácil vivir no mundo que lles foi dado , que explorar o poder que teñen para cambialo.
IMPOSIBLE non é un feito é unha opción.
IMPOSIBLE non é unha declaración , é un reto.
IMPOSIBLE é un potencial.
IMPOSIBLE é transitorio.
IMPOSIBLE IS NOTHING
IMPOSIBLE non é unha declaración , é un reto.
IMPOSIBLE é un potencial.
IMPOSIBLE é transitorio.
IMPOSIBLE IS NOTHING
El circo de las mariposas
Esta curtametraxe conta unha historia marabillosa que fala de todos e cada un de nós. Quen eres ti? Will, un rapaz cunha minusvalía? Un dos nenos que lle lanza tomates? Méndez, que é capaz de ver o que outros non ven? O pai que lle dá confianza ao seu fillo para que de maior sexa o que queira?... Non teremos un pouco de todos eles?
Que opinas da figura de Méndez? Cal cres ti que é a súa principal virtude?
martes, 26 de octubre de 2010
A última lección
Visualiza este vídeo.
Lé logo algo sobre o autor do discurso, Randy Pausch, e fai un comentario neste mesmo blog sobre o que máis che gustou da súa mensaxe ou o que menos. Logo publica o vídeo no teu blog co teu comentario como texto acompañando ao vídeo.

Non valoro as túas opinións (sempre e cando se refiran ao vídeo, claro), senón a calidade da expresión, a ortografía, a validez dos teus argumentos e a extensión.
26 de outubro de 2010
Cómo pensas ti conseguir “o teu queixo”?
Se entendiches o conto de "Quen me roubou o queixo?", un posible significado para “o queixo” era o traballo, o xeito de cómo “gañarte a vida” para poder ter cartos e ser independente, aspiración máxima dunha persoa.
Pois ben, cando un remata os seus estudos (antes ou despois) ten que pensar que vai facer, en que vai traballar, de que vai vivir. Simplificando, tres son as posibles opcións que se nos presentan:
1º Traballar por conta allea
2º Ser funcionario
3º Montar o teu propio negocio (sexa de xeito autónomo ou montando a túa propia empresa).
Pois ben, tes que elaborar un cadro comparativo entre as tres posibilidades, definindo cada una das opcións, e aportando as vantaxes e inconvintes que lle ves a cada unha.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)